REAS Galicia - REAS

Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia

Enderezo: Rúa do Hórreo, n.º 104 Baixo esquerda. Santiago de Compostela 15701 A Coruña
Tel
: 627 57 09 47
Correo electrónico: reasgalicia@reasnet.com

ENTIDADES SOCIAS

PERSOAS COLABORADORAS

REAS Galicia ten como obxectivos impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias que fomenten o respecto das persoas e o medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos…). Apoia, así mesmo, o desenvolvemento de recursos financeiros éticos e solidarios. E pretende difundir e dar a coñecer a Economía Solidaria na sociedade galega e aumentar, na nosa comunidade, o tecido empresarial con características éticas e solidarias.

Poden formar parte de REAS Galicia todas aquelas entidades que o soliciten e se comprometan a cumprir cos seus fins e o estipulado nos seus Estatutos, unha vez aceptadas pola Xunta Directiva e ratificadas pola Asemblea Xeral.

ENCONTROS E COLABORACIÓNS

Desde 2016, todos os anos celebramos un Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia aberto a todas as entidades afíns e á cidadanía galega en xeral. Na nosa canle de YouTube pódese ver a gravación do que tivo lugar en 2021 no concello de Ames.

Desde 2019, somos socias da Rede Eusumo, un organismo dependente da Xunta de Galicia que promove a economía social. Grazas ao financiamento que nos facilitou, puidemos desenvolver un traballo de acompañamento a entidades (para que visibilicen a súa pertenza á ESS) e celebramos varios encontros sectoriais (dispoñibles en YouTube ou Facebook):

  • Outubro de 2020: Encontro entre entidades da ESS e ONG
  • Novembro de 2020: Consumir de costas aos oligopolios
  • Marzo de 2021: Dereito á vivenda. Propostas desde a Economía Social
  • Abril de 2021: Mercado Social de Galicia. Construíndo unha alternativa ao comercio capitalista

Decembro de 2021: Emerxemos: Transformar a economía desde o consumo En 2021 asinamos un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo e estamos traballando para dotalo de contidos.

MERCADO SOCIAL / BEN MERCADO

Un dos principais obxectivos de REAS Galicia é consolidar o Mercado Social galego. Para facelo, participamos en eventos como a Mostra do Posible (que se celebra todos os anos no concello de Cangas do Morrazo) e organizamos encontros físicos nos que as consumidoras conscientes poden coñecer entidades afíns cos principios da ESS.

Por outra banda, desde 2021, REAS Galicia asumiu a xestión do marketplace Ben Mercado, unha iniciativa posta en marcha por catro entidades ligades desde hai moito á Economía Solidaria galega. A ferramenta xa está totalmente operativa e agora estámonos a concentrar en dala a coñecer entre as consumidoras responsables. Se queres que a túa entidade ofreza os seus produtos ou servizos en Ben Mercado, non dubides en escribirnos a tenda@benmercado.gal.

ACTUALIDADE

Loading RSS Feed

AS ENTIDADES:
NO CENTRO DA REDE

REAS Galicia agrupa as entidades da Economía Solidaria activas no seu ámbito de actuación. Queres coñecelas?

Podes consultar a listaxe máis abaixo e filtralas por territorio ou sector de actividade.

Nombre Población Provincia Comunidad Sector principal Sector secundario Red Web

MÁS INFORMACIÓN

DOSSIER | DESCARGAR
CATÁLOGO DEL MERCADO SOCIAL | DESCARGAR

WEB BEN MERCADO | VISITAR

INFOGRAFÍA AUDITORÍA SOCIAL 2021 | VER

CONTACTO REAS Galicia